Público.es25/05/2009
Ana Requena
Chámase Flamingo, é un produto pioneiro no mundo na extinción de incendios forestais e non hai que irse moi lonxe para atopalo: a empresa que o fabrica, Embention, está en Alacante. Un novo enxeñeiro aeronaútico, David Benavente, emprendeu en 2007 o reto de crear a súa propia empresa para desenvolver sistemas intelixentes no sector das Aeronaves Non Tripuladas (UAVs, segundo as súas siglas en inglés).
Pode soar afastado da vida cotiá, pero nada máis lonxe da realidade. Benavente quixo dirixir a aplicacións civís os coñecementos que adquiriu durante os seus proxectos para a Axencia Espacial Europea e para expertos en aeronaves. Fundou Embention e naceu Flamingo (da expresión Forest FLAMes INtelliGent Outputter) para encher un importante oco no sector da extinción de incendios.
"Os incendios combátense de diferentes maneiras, por exemplo de forma indirecta, creando unha devasa química", afirma o enxeñeiro. Este sistema xa funciona e é usado polos equipos especializados. Pero o Flamingo introduce unha novidade importante. Lanzado dende avións, a súa velocidade de voo é de 400 quilómetros por hora. Cando impacta contra o chan, dispersa a súa carga de auga e espuma.

O seu pequeno tamaño e manexabilidad permite usalo en momentos nos que outros sistemas non poden utilizarse: "Cando é de noite ou fai vento non se poden utilizar os vehículos aéreos (avionetas, helicópteros...) porque é perigoso.
Teñen que voar a alturas moi baixas e hai perigo de que se estrelen", explica. O Flamingo si pode actuar neses momentos, converténdose así nun modelo único, en proceso de patente. Pode usarse en momentos en que outros sistemas non son viables.
Melloras
O aspecto deste sistema é o dun mísil que voa de maneira autónoma. Os sistemas de detección localizan o incendio e rexistran as súas coordenadas, que son gravadas no dispositivo.
A aeronave móvese cunhas aletas até o lugar do incendio do mesmo xeito ca un proxectil. Sabe onde está e onde ten que ir grazas a unha placa con GPS que tamén fabrica Embention. Unha vez feita a súa laboura, depósito e cápsula poden ser recollidos durante a limpeza da zona despois do incendio, aínda que o sistema converterase en biodegradable en pouco tempo.
"A diferenza dun obxectivo militar, que é estático, os incendios son dinámicos, móvense e as coordenadas que proporcionan os sistemas son aproximadas", di Benavente. Por iso o seu equipo vai integrar agora un sensor de imaxe para mellorar a precisión do Flamingo. Ao chegar ao lugar das coordenadas, a imaxe captada permitiralle enmarcar de xeito máis axustado o lugar no que está o incendio.
O proxecto de Benavente mereceulle xa varios recoñecementos, coma o premio Emprendedores da Fundación Everis, e suscitou a atención de varios países, como Francia e EEUU. Non entanto fáltalle "dar o paso do interese á venda": o Flamingo aínda non se vendeu. As administracións son os seus potenciais clientes, tamén empresas privadas ás que se adxudican as extincións.