27/3/12

Morre un brigadista na extinción dun incendio en Castrelo do Val

CRTVG
27/03/2012

O suceso produciuse a primeira hora da tarde, cando o brigadista falecido, Higinio V.L., quedou atrapado polas lapas debido a un "posible cambio na dirección do vento", segundo informou o alcalde de Castrelo do Val, Vicente Gómez.

O lume ten 4 focos e calcionou ata o momento máis de 20 hectáreas. Nas tarefas de extinción participa un amplo dispositivo, no que se inclúe 5 helicopteros, 6 avións, 1 técnico, 4 axentes forestais, 7 brigadas e 4 motobombas.

A Xunta lamentou o falecemento do brigadista e anunciou que as forzas de seguridade xa está a investigar as circunstancias concretas. A conselleira do Mar e de Medio Rural, Rosa Quintana, está arestora na zona do suceso.

O NOSO PÉSAME AOS FAMILIARES E AMIGOS DE HIGINIO