Hoxe, ás oito e media da mañá, faleceu en Ordes o noso compañeiro José Juan cando se dirixía ao seu posto de traballo, na base de Castromaior. Hoxe é unha xornada moura para todos os bombeiros forestais de Galicia, en especial para os que con el traballamos. José Juan era un home san, cheo de vitalidade e ledicia, gran compañeiro e amigo dos seus amigos. Dende aquí queremos manifestar o noso pesar aos seus familiares e a todos cantos o coñecían.
Descansa en paz querido amigo e forza no novo camiño que escomezas.
Os teus compañeiros non te esquecen
Os teus compañeiros non te esquecen