Xornal de Galicia
3/08/2009
O sindicato CSI-F, ante o que considera "unha continuada actitude de desprezo cara os traballadores do Servizo contra Incendios" por parte da CIG e UGT, denuncia o debilitamento destas brigadas e a campaña de desprestixio que sofren, "para encubrir a mala xestión dos responsables políticos da consellería de Medio Rural en materia de prevención, planificación e extinción de incendios".
Esta forza sindical asegura que o departamento do que é titular Samuel Juárez reduciu "de forma sistemática" os medios materiais e humanos postos a disposición deste servizo. Critican, ademais, "as contratacións opacas" marcadas polo "sectarismo e a arbritrariedade" á marxe das listas marcadas polo decreto aprobado, e o mantemento de Seaga, utilizado como unha "administración paralela" e "un chiringuito clientelar". Ao seu xuízo, é a contratación do persoal de reforzo para a campaña de alto risco de incendios a través de Seaga o que "provoca graves distorsións no dispositivo".
Segundo o CSI-F, tanto CIG como UGT protexen esta política de "deixamento", "que segue a mesma folla de ruta establecida por anteriores dirixentes da consellería". "Nós -matizan- nin antes, nin agora nin nunca traizoaremos aos traballadores do Servizo contra Incendios Forestais". A Central Sindical Independente e de Funcionarios realiza un chamamento a CIG e UGT para que "se poñan dunha vez á beira dos traballadores".
CC OO
Pola súa banda, CC OO tamén critica a actitude de CIG e UGT por denunciar agora as carencias do persoal de reforzo da campaña de verán, cando "xa sufriron nos anos 2006, 2007 e 2008". Parece, aclaran, que "padecían de cegueira interesada".