La Voz de Galicia
25/06/2009
Galicia
A Xunta e o Goberno central extremarán os labores de vixianza para minimizar un posible impacto do lume en Galicia nos meses de verán, o que conllevará a posta en marcha dun operativo conxunto de 10.900 persoas, cun custo aproximado de 49 millóns. Onte quedou constituído o comité de prevención para a campaña deste ano, do que forman parte as consellerías de Presidencia e Medio Rural, a Delegación do Goberno en Galicia e catro ministerios.
Ás 6.000 persoas da Xunta, o Executivo central aportará 3.000 máis e 15 medios aéreos. O conselleiro de Presidencia, Alfonso Rueda, fixo fincapé en que «a vixianza vai ter un papel fundamental» nesta campaña. O delegado do Goberno, Antón Louro, indicou que a Administración central reforzará os medios «sempre que a situación ou requira» e o conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez, subliñou a prohibición de acender lume no monte nos meses de verán. Juárez mostrouse disposto a «atender as demandas» dos traballadores de Seaga, a empresa pública de contratación sobre a que bascula o operativo.

Custo da vixianza
A Xunta pagará unha factura de 734.331 euros polo despregue dos militares que vixiarán o monte galego. Actuarán 75 patrullas terrestres e catro helicópteros de vixianza nas situacións de esforzo máximo. A Garda Civil mobilizará 1.300 axentes, a Policía Nacional, 400 e 150 alumnos en prácticas, e o quinto batallón da UME destinará á base naval de Marín un destacamento de 33 militares.
O Ministerio do Interior destacará en Galicia unha escuadra de Cabalería, un módulo de intervención rápida da Agrupación Rural de Seguridade, dous helicópteros e unha unidade permanente do crime incendiario, así como medios da Policía Xudicial, Seprona, e unidades do servizo de información. Tamén haberá colaboración entre ambas Administracións para coordinar a loita contra incendios nas proximidades das liñas férreas. O operativo antiincendios do 2009 verase reforzado por 8.900 voluntarios e 848 bombeiros urbanos e comarcales.