La Voz de Galicia
3/06/2009
EFE
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, afirmou hoxe que o seu Executivo non ten «ningunha marxe de manobra» respecto das contas de 2009 debido ao «buraco» de 1.200 millóns de euros nos orzamentos elaborados polo Goberno anterior «que non reflicten as contas reais» da comunidade.
Núñez Feijoo sinalou durante un xantar informativo organizado por Onda Cero que esta situación «lastra a capacidade» para poder saír da crise, a pesar de que amosou a súa confianza en que esta semana o seu Goberno aprobe un plan de 100 millóns de euros para «tentar tapar buracos».
Para lograr este aforro, o presidente galego indicou que a Xunta realizou unha serie de operacións «complicadas e inevitables» que consistiu en «ter unha obsesión por prescindir daquilo do que se pode» en cada departamento autonómico.
Segundo Núñez Feijoo, este «buraco» leva que «non hai diñeiro» para pagar os trienios de persoal facultativo, das gardas médicas, do gasto farmacéutico e, mesmo, «para facer unha campaña contraincendios razoable».
O titular da Xunta lamentou a falta de 4 millóns de euros para ter un «mínimo de garantías» nos operativos contra o lume nos momentos máis críticos e explicou que pediu ao conselleiro de Medio Rural, Samuel Juárez, que busque ese diñeiro noutras partidas do departamento que non sexan prioritarias.
«Os incendios son a máxima prioridade do Goberno e aproveito para pedir a máxima colaboración nunha tempada que se prevé con moito risco e moi complexa. É unha materia complicadísima como pobo e como goberno», sinalou.
(...)