16/05/2009
Santiago
Tomás Fernández-Couto volve a tomar as rendas da Dirección Xeral de Montes, logo do impás do bipartito, e que estivo antes baixo a súa responsabilidade ao longo de 10 anos. Asegura que "non hai un plan pechado de obras e hai pouco tempo para executalas" e aínda que requerirá "un grande esforzo", dado que coincidirá coa preparación do dispositivo contraincendios, confía en que nas "primeiras semanas de xullo" poidan ter acondicionadas o maior número de "hectáreas posibles con ese custe". Engade que "aínda hai que seleccionar as zonas nas que se van a realizar, elaborar os proxectos de execución, realizar a súa tramitación administrativa e executar os traballos". "Son realista" e así están as cousas, apuntou. A este problema engádese ademais que aínda "segue no monte prácticamente toda a madeira" afectada polo Klaus e os demais temporais que azoutaron Galicia o pasado invierno. As axudas comprometidas ao sector para retirala son de 7 millóns de euros e só están presupostados 2 millóns. "Hai un desfase de 5 millóns", precisa o responsable de Montes, que está buscando fórmulas para ver "cómo podemos facer fronte económicamente a ese compromiso" e ademais a forma de "complementar a orde para facela máis áxil" e retirar esa madeira, non só polo risco que supón para os incendios, senón ademais para evitar pragas vexetais e as súas negativas consecuencias.
O operativo de extinción é máis caro
"O orzamento aumentou moito e o operativo de extinción é máis caro" que o que había antes de que o anterior Goberno bipartito chegara á Xunta, afirma Tomás Fernández-Couto, que quince días despois de pórse á fronte da Dirección Xeral de Montes xa manexa as principais cifras. O orzamento nesta materia "é prácticamente o doble"-apunta- que o que se destiñaba no operativo contraincendios posto en marcha polos anteriores executivos populares e que sempre foi tan criticado por PSdeG e BNG estando na oposición. "Estes anos (co bipartito) non foi máis barato en absoluto. Non houbo unha disminución do custe. Neste momento a subdirección de incendios ten máis orzamento que o que tiña antes toda a Dirección Xeral de Montes", destaca. Ademais non ten reparo en subliñar que "tamén incrementou o investimento en prevención".
Respecto ao mantemento de SEAGA, Fernández-Couto sinala que "é unha polémica que en grande medida é artificial. Estase poñendo en marcha o operativo previsto e non hai posibilidade de cambiar o modelo. De momento é un tema prematuro, imos a ver como funciona, as súas vantaxes e inconvintes. Imos a estudar todo e veremos como cristalizamos o dispositivo de 2010", conclúe.