Faro de Vigo
21/05/2009
Os traballadores da empresa pública SEAGA, que se ocupa da prevención e extinción de incendios vencellada á Xunta de Galicia, preparan un calendario de movilizacións no que se inclúe a posibilidade de realizar unha folga durante o verán. Así o apuntaron onte os integrantes do comité para a provincia de Pontevedra, "cansos" de dous anos de supostas irregularidades. O que lles animou a iniciar agora un programa reivindicativo é o feito de que durante o último mes e medio a dirección reduciu a plantilla en 220 operarios en toda a comunidade.
As catro centrais sindicais representadas na defensa dos traballadores, CIG, CC OO, UGT e CUT, aseguran que se está incumprindo o acordo asinado o pasado 23 de marzo no que a dirección da empresa comprometíase a dar continuidade a tódolos asalariados e a readmitir a outros despedidos ou que finalizaran o contrato. Dende entón aseguran que a plantilla reduciuse en máis de dous centos de operarios e vaticinan que ata finais de maio outros 80 correrán a mesma sorte.

Isto uniríase a unha situación que se remonta dous anos atrás, período durante o que non se realizaron contratacións indefinidas "a excepción dos sete directivos", detallaba onte Basilio Fernández, presidente do comité pontevedrés. "Hai unha completa falla de transparencia e desinformación, cunhas condicións de temporalidade e precariedade inadmisibles, isto semella unha empresa de traballo temporal en vez dunha empresa pública", engadiu.
Por outra parte, critican que a política de prevención de incendios "é a mesma que fai vinte anos". Dende o comité prevese que "só cambiará cando haxa unha nova desgraza, algo que podería ser máis pronto que tarde".