6/6/2012
Compostela
O goberno do Partido Popular en Galicia pretende aprobar unha Lei de Montes que hipoteca o futuro do país e que representa un gravísimo atentado ao noso patrimonio social, cultural, histórico e natural.
Ao mesmo tempo, o texto da Lei renuncia definitivamente á colectivización da riqueza dos nosos montes, e á súa diversificación agrícola, gandeira, alimentaria, forestal e cultural, para apostar pola entrega dos mesmos aos grandes grupos da industria madeireira e enerxética. O produtivismo contra a multifuncionalidade.
De permitir que esta Lei sexa aprobada, sobran dúas décadas para que o noso entorno natural tal e como o concebimos e percibimos na actualidade, sexa absolutamente irrecoñecíbel.
O monte representa os dous terzos da superficie total de Galicia. Acabar cos nosos montes é tamén acabar co noso país.
Hai que moverse!!!
Difunde esta nova entre os teus contactos, nas redes sociais, entre as familias e as amizades. Temos a obriga de salvar o monte galego.
Manifestación o sábado 9 de xuño ás 12 do mediodía desde a estación de tren de Compostela até a Praza da Quintana.