20/8/10

Han de pensar que somos todos daltónicos....

Continuamos coas comparativas de cifras ás que apuntabamos na nova anterior. As fontes a pesar de seren públicas (a través da rede), amosan unha serie de diferenzas notábeis que a continuación paso a relacionar.

O IRDI é o Índice de Risco Diario de Incendio, calculado en base á situación meteorolóxica, o estado da biomasa vexetal, o estado das infraestruturas preventivas das masas arbóreas e o estado do solo. Esta mañá a Consellaría do Medio Rural facía público na súa páxina a previsión para o día de hoxe. Nesta a zona Norte de Galicia aparece en cor verde e amarela, o que supón entre un 32% e un 68% de risco de incendio forestal.

Previsión da Consellaría do Medio Rural

Chama a atención como na páxina do Ministerio de Interior no seu "Informe de situación de incendios forestales" publícanse unhas previsións que para nada coinciden coas "estimadas" pola administración galega. Concretamente entre un 50% e un 80% de risco, é decir un 12% superior ao IRDI publicado pola consellaría.

Tal e como pintan os mapas en San Caetano, han de pensar que somos todos daltónicos....

Previsión do Ministerio de Interior