19/8/10

Baile de cifras

A Xunta de Galicia vén de comunicar o número de hectáreas totais afectadas no incendio forestal rexistrado no concello de Boiro.

Por unha banda, a Consellaría do Medio Rural fala de 450 hectáreas de superficie forestal queimadas. Por outra, o Ministerio de Interior a través do seu Informe Diario de Incidencias por Incendios Forestais fala de 600 hectáreas afectadas.

Dá a impresión de que se queren "malversar" os datos en benefizo propio (electoral) tratando de argumentar unha trama "terrorista" que queima o monte, cando todos sabemos perfectamente porque arde o monte e quen se benefiza disto.

O accidente mortal dos dous compañeiros do SEAGA, pon novamente en entredito a xestión que esta consellaría está practicando (ningunha). Como é posible que unha cuadrilla de extinción profesional (fixos/discontinuos) formada por cinco compoñentes, apareza nun lume con só dous? Iso é eficacia e eficiencia na xestión? Home, por favor...

A demisión ao meu xuízo é pouco para a calaña de persoas que son vostedes, algún debería ir pensando en botar unha tempada á sombra...