16/6/10

Unhas probas de coña

Un ano máis, SEAGA volve facer á súa maneira. É para pararse a pensar, en que, coma en calquera traballo con riscos (como por exemplo a extinción de incendios) non se teña en conta algo tan importante (neste caso sobretodo) como a experiencia.

¿Como pode ser que unha simple carreira (que a fin de contas é o que foi a proba) poida deixar fóra do dispositivo a xente con moitas campañas en incendios, que superou a ditosa proba, en favor de xente que non ten experiencia ningunha neste traballo e que simplemente está nisto pola (claro está) crise?

Sen desmerecer a esta xente,e sabendo que é dereito de todos poder traballar, considero que esta proba foi, xunto coas bases deste ano, unha burla (por parte dese chiringuito chamado SEAGA) aos profesionais que levamos algún tempo nisto, e que, ben sexa por experiencia ou por estudos, estamos demostrando que temos interese en continuar campaña tras campaña, ano tras ano, neste cada vez máis deficiente, dispositivo contra incendios.... e total, para ir cada ano a peor. A ver ata cando van aguantar así os verdadeiramente profesionais do sector, porque o día que falten.....