13/10/09

SEAGA rouba días de vacacións aos traballadores

- A min déronme 5 días, traballei tres meses e déronme só 5 días, declaraba onte un ex-traballador da empresa. Parece que foi a tónica xeral do fin de campaña. Polo regulamento laboral actual a cada traballador correspóndenlle 2'5 días por mes traballado. Para moitos que traballaron 3 meses, a empresa só lles deu cinco e no peor dos casos déronlles días de descanso como días de vacacións. Isto a todas luces é ilegal e de seguro que nos diferentes sindicatos galegos, motivo de denuncia.



Cumpre que todos os que traballáchedes en SEAGA denunciedes isto, pois ao final son moitos días de vacacións que a empresa non paga, sumando unha gran cantidade de cartos que a saber onde irán parar.

Estade atentos e non asinedes se non vos pagan os días que vos corresponden