La Opinión de A Coruña
5/06/2009
Galicia
As críticas do Goberno galego ao suposto déficit dun milleiro de brigadistas herdado do bipartito para a campaña de verán volveron recibir respostas por parte do BNG, que sostén que cando abandonou a Consellaría do Medio Rural deixou 60 millóns de euros para que o 1 de xullo puidese arrincar con normalidade o dispositivo de loita contra o lume, e por iso, acusa ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, de lanzar "mentiras compulsivas" coas súas denuncias de "supostos buracos", especialmente falta de fondos para a prevención e a extinción dos incendios forestais.
A portavoz en materia de Medio Rural do grupo parlamentario do BNG, Tareixa Paz, advertiu da "actuación tremendamente imprudente" de Feijóo por "dar batalla" cun asunto "tan sensible" e que pode "alentar aos criminais" a provocar incendios. Primeiro foi o director xeral de Montes, Tomás Fernández-Couto, quen nunhas declaracións á OPINIÓN anunciou que a loita contra o lume arrincaría cun milleiro de brigadistas menos dos necesarios, e logo o titular da Xunta foi máis aló denunciando a falta de fondos suficientes para afrontar unha campaña de prevención mínimamente aceptable.
Sen obstáculos
En resposta a estas denuncias, Paz explicou que o bipartito deixou 20 millóns de euros para realizar labores de prevención, 9,7 millóns de euros para medios aéreos, tres millóns para a adquisición de 133 vehículos, e que o diñeiro para pagar as nóminas está no capítulo 1 dos orzamentos. Ademais, deixou asignados e sen gastar 27 millóns de euros para a contratación de traballadores de reforzo, en total case 60 millóns que utilizou para rebatir as acusacións da Xunta contra o Goberno bipartito.
Por todo iso, Tareixa Paz concluíu que "non hai absolutamente ningún obstáculo presupuestario nin administrativo" para que o dispositivo antiincendios da campaña de máximo risco de 2009 "poida estar ao mesmo nivel de despregue que en campañas anteriores".