Filme que recolle as loitas do campesiñado galego pola recuperación da propiedade dos montes comunais que lle foron usurpados a partir de 1939. A través dunha serie de entrevistas maniféstanse varios puntos de vista ante a actuación dos poderes públicos que administraban as propiedades comunais. Logo de 30 anos dende que se grabou este filme parece que nada mudou. Os intereses económicos e políticos seguen a prevalecer ante os dereitos de propietarios e comuneiros. Os incendios forestais, as madereiras e a especulación dos nosos montes, unha triloxía que se repite ano tras ano sen solución.