A pesares de ser realizado no ano 2002, este vídeo documental podería servir para facer unha reflexión sobre o momento actual no tocante á problemática do monte galego. O bosque, ese bosque perdido, e quizá idealizado polos nosos poetas, é unha realidade case que desaparecida, pero realidade á fin de contas, que se esvaece sen que ninguén faga o preciso por evitar esta terrible perda. Moitos, agora e sempre, tratan de atopar unha explicación ou unha saída a diversos problemas como o dos incendios forestais ou a ordenación forestal, sen caer na conta de que hai que coñecer a orixe do problema antes de atopar unha solución. Pablo García Rivas, fai neste vídeo unha excelente análise sobre as políticas forestais na Galiza das últimas décadas.
Realización: Pablo García Rivas
Ano: 2002
Duración: 10 min.