APROPIGA
6/06/2009
"A directiva de Apropiga reuniuse o mércores dia 3 de xuño co director xeral de montes Fernández-Couto na dirección xeral de montes en Santiago de Compostela.
A reunión durou aproximadamente dúas horas e nela fixémoslle saber a nosa preocupación polo inmediato da campaña de verán e o futuro do Pladiga. Díxonos que dende a Dirección Xeral hai preocupación porque lles consta que en moitas brigadas están traballando cada día dúas ou tres persoas, co que nun lume ó que acoden 6 brigadas, en cada unha delas non hai mais que 2 ou 3 membros. Ó director xeral preocúpalle esta situación de cara ó verán e pretende estudar as razóns disto, comprometéndose a que todas as brigadas estean completas cubrindo as vacantes existentes en todas as categorías.
Respecto ó Pladiga recoñece que o anterior conselleiro deixou toda a partida orzamentaria da Consellería consignada para atender os lumes da campaña por Seaga coa compra de material, aluguer de vehículos, persoal, etc... polo que dixo que este verán non hai posibilidade de modificar case que nada porque o anterior goberno destinou os cartos para Seaga non contemplando, pola contra, presupostos para a contratación polo Plan Pladiga mais aló dunhas poucas prazas en determinadas categorías. Comprometeuse a estudar se é posible abordar a contratación dalgunhas prazas en determinadas categorías polo Pladiga, pero xa nos dixo que nesta campaña non ten capacidade de manobra porque o anterior goberno "hipotecou" orzamentariamente esta campaña cara a Seaga.
Respecto ó futuro......preguntámoslle cal ía ser o futuro do Servizo Público dende a política da nova Dirección Xeral. Fernández-Couto insistiu en que foi el o que apoiou no seu día a consolidación dun servizo público profesionalizado, o SPDCIF. Dixo que nesta campaña se evaluaría o funcionamento do Servizo porque recoñece que houbo cambios respecto o modelo de xestión dos lumes que había cando el marchou coa inclusión de Seaga na prevención e na extinción. Díxonos que lanzáramos unha mensaxe de tranquilidade a todos os compañeiros sobre a vontade por parte da Dirección Xeral da continuidade do Servizo aínda que recoñece que son necesarias modificacións para adecuar o funcionamento do Servizo ás necesidades reais da loita contra os incendios forestais. Dende Apropiga dixémoslle que estamos interesados en participar coas nosas propostas nese proceso que teñen pensado abordar despois da campaña de verán. Díxonos que estaba aberto a estudar as nosas suxerencias. Nós dixémoslle que sempre que non supoñan renuncia a dereitos dos traballadores participariamos no proceso.
O director xeral foi claro, polo tanto, ó dicirnos que o operativo que se despregue no verán vai ser practicamente igual que o ano pasado coas salvedades que poidan introducir dende a Dirección Xeral. Deixamos claro que Seaga non é a solución e que defendemos o Servizo Público que cabe ser reformado e incluso ampliado reducindo o gasto que dende a Consellería se destina a Seaga nunha contratación esaxerada de brigadas, aluguer de locais, o aluguer de centos de vehículos para brigadas, técnicos e encargados...
Consideramos negativo que a Dirección Xeral dé por practicamente pechada a estrutura para a campaña de alto risco. Agardamos que a Consellería escoite ós traballadores e recupere o Pladiga. Sabemos que este verán hai poucas esperanzas".