29/6/09

Os contratos a firmas afins ao BNG rozan os 2 millóns de euros

El País
29/06/2009
Galicia

Carrumeiro Media SL, a empresa fundada por dirixentes do Bloque Nacionalista Galego (BNG) que recibiu 78 contratos por máis de 1,1 millóns de euros de consellerías nacionalistas da Xunta durante o Goberno bipartito, ten unha irmá xemelga. Trátase de Laborgal SL, creada en xaneiro de 2007, coa que comparte sé en Ames, preto de Santiago, e cargos directivos. Do mesmo xeito que Carrumeiro, Laborgal obtivo cuantiosas adxudicacións dos departamentos de Vicepresidencia e Medio Rural, ambos en mans do BNG, que lle fixeron encargos directos por valor de 334.485 euros.

Os nacionalistas favoreceron a tres empresas dende a Xunta
Os pedidos dos departamentos do Bloque e os seus organismos públicos a empresas afines elévanse a case dous millóns se se suman os dunha terceira relacionada, a UTE Benito España Vilacoba Vieito, coa que tecen un entramado empresarial. As adxudicacións a Laborgal e Benito España Vilacoba Vieito ascenderon a 659.428 euros, segundo documentos oficiais aos que tivo acceso este xornal.

As compañías beneficiadas comparten sé e cargos directivos
O nexo de unión entre todas as sociedades é Artur Manuel Benito España, conselleiro delegado de Carrumeiro Media, unha vez que os cargos do BNG, entre eles o seu ex secretario de Organización Alberto Ansede, desapareceron do organigrama da firma que fundaran anos atrás. Benito España, militante do BNG en Rianxo, é ademais o administrador único de Subministros Profesionais Laborgal SL, que cohabita na mesma oficina de Carrumeiro e que, como esta, recibiu entre 2007 e 2008 encargos do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar por un importe de 246.204,21 euros.

Aleberto Ansede, ex secretario de organización do BNG

Ademais de tratar co Consorcio, Laborgal tamén entrou con bo pé na Consellería de Medio Rural, durante a época en que figuraba como secretario xeral deste departamento da Xunta Alberte Souto, socio orixinario de Carrumeiro.

No seu primeiro exercicio, Seaga, a sociedade pública deste departamento, encomendou á empresa Laborgal o fornecemento de 1.500 pares de luvas para a campaña antiincendios a cambio de 32.775 euros. Ao ano seguinte, a sociedade renovou o contrato por 55.506 euros, tamén a través dun procedemento negociado.

O material para o resto de cuadrillas contra o lume que contratou directamente Medio Rural foi vendido por outra sociedade de Artur Manuel Benito España, a UTE Benito España-Vilacoba Vieito. Tamén foi escollida por Vicepresidencia para equipar a voluntarios de vixianza e prevención (76.384 euros). En 2006, outra firma de Benito España, Laborgal SC, dedicada ao "comercio de roupa de traballo e equipos de protección individual", fora beneficiada polos mesmos departamentos autonómicos.