19/06/2009
Galicia
A partir do próximo 1 de xullo, un total de 6.070 persoas velarán por que o lume non faga estragos nos montes galegos e no caso de que se produza -o que de xeito evidente prevese inevitable xa que Galicia rexistra ano tras ano máis da metade do total dos incendios de España- entrarán en acción para que non se achegue aos núcleos de poboación, nin aos espazos protexidos. Así prioriza as accións o Plan de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia (Pladiga 2009), que onte aprobou o Consello da Xunta.
Segundo figura nese documento, do total dos medios persoais 4.960 dependen da Xunta e os restantes 1.120 ata completar o despregue máximo apórtano concellos, Grupos Municipais de Intervención Rápida (GruMIR) e Grupos Locais de Pronto Auxilio (GLPA). Deste xeito, máis do 44% das contratacións que realiza a Xunta para a campaña de alto risco de incendios déixaas en mans de Seaga (Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos).
Precisamente, as contratacións a través deste organismo, que foi creado polo anterior Goberno bipartito e cualificado no seu momento como "chiringuito" tanto polos sindicatos como polo PPdeG -entón na oposición-, enfrontan a unha parte do operativo coa Consellería de Medio Rural.
Un día antes do visto bo do Goberno galego ao dispositivo deste ano, traballadores do Servizo Público de Prevención, Defensa e Extinción de Incendios Forestais de Galicia e do reforzo do verán (Pladiga) pedían ás portas da Xunta o cese das "contratacións Seaga". O actual Executivo ampárase na herdanza do servizo e na falta de tempo para abordar cambios pero, ao mesmo tempo, non aclara se finalmente desmantelará Seaga para próximas campañas.
Namentres, o Goberno galego aspira a reducir un 20% o número de incendios e a superficie afectada respecto da media dos últimos dez anos, así como a manter a porcentaxe de conatos --lumes que abarcan menos dunha hectárea-- por riba do 70%, evitar que se supere o promedio de 3 hectáreas queimadas por cada lume e que aqueles maiores de 25 hectáreas se sitúen por baixo do 2%.

Nestes termos exprésase o Pladiga, que presentou onte o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quen aproveitou para pedir a "colaboración, prevención e solidariedade" dos galegos en "un ano de extraordinaria dificultade" e de "alerta máxima", tanto polas condicións meteorolóxicas (logo de dous veráns moi húmidos) como por factores de vexetación e a presenza nos montes aínda de madeira derrubada polo Klaus.
O programa para este ano recolle o despregue de 657 cuadrillas de extinción, 300 medios terrestres -entre eles 156 motobombas- e 26 medios aéreos da Xunta e doce do Estado.