24/5/09

Trailer de "Terra queimada"

Terra queimada é unha táctica militar que consiste en arrasar con calquera elemento que poida ser de utilidade ao inimigo. A orixe do termo remóntase á práctica de queimar as colleitas durante as guerras e conflitos da antigüidade. Esta acción destrutiva ten a vantaxe de que para poder aplicala non se requiren especialistas nin adiantos tecnolóxicos. Observando o que ocorre cada ano no noso país calquera podería pensar que os galegos mantemos unha guerra primitiva contra nós mesmos. Ou é que ignoramos as consecuencias de prender lume aos nosos montes?



Dirección: Jacobo Paz
Ano: 2008