23/5/09

Dous operarios de Adif detidos en relación cun incendio forestal en Arbo

Faro de Vigo
23/05/2009
Condado - Paradanta

Axentes da Garda Civil detiveron a L.H.P.M., de 48 anos de idade, e con domicilio en Soria, e a A.R.T., de 53 anos e veciño de Gondomar, como presuntos autores dun delito de incendio forestal que se producía o pasado día 5 de maio no lugar de Cequeliños, no Concello de Arbo. Os arrestos completáronse entre a tarde do xoves e a mañá de onte.
Ambos detidos son traballadores dunha subcontrata de Adif para a limpeza da zona de seguridade da vía férrea.
Como consecuencia do incendio presuntamente provocado arderon aproximadamente 5 hectáreas. As pesquisas determinan que o incendio puido deberse a unha neglixencia no control dunha queima autorizada de restrollos.
As investigacións realizadas polo posto da Garda Civil de Arbo, o Equipo de Investigación de Incendios da Garda Civil e a colaboración dos Axentes Forestais da Xunta de Galicia, deron como resultado a detención dos posibles autores deste feito delitivo.